
Un falar por falar, un dicir por non estar calado, un xeito de expresar momentos, ideas, sensacións que... ao mellor non teñen palabras, pero eu empéñome en darllas, en dárvolas.
miércoles, 22 de diciembre de 2010
Feliz solsticio de inverno....

domingo, 21 de noviembre de 2010
Pantalla do PC...

Acabo de instalar o pc nunha nova mesa. Ben, debaixo da mesa. O teclado onde debe estar, o rato ao seu carón. As pernas ben colocadas. A cadeira, cómoda. Os altofalantes... a carón da pantalla. Ah!!! A pantalla... Cando estaba en Compostela facíame ver a vida de cor rosa, porque esa era a cor predominante. Agora... vexoo todo de cor azul. Sen comentarios.
Ricuras...
Non hai máis que dicir. Este é un deses casos que unha imaxe vale máis ca mil palabras. martes, 26 de octubre de 2010
Roupa por lavar...

Canto podo aguantar sen poñer a lavadora?
viernes, 17 de septiembre de 2010
30' para a fin de semana!!!!
O dito, agora só quedan 24' para a fin de semana... vou traballar un chisco!!!
martes, 14 de septiembre de 2010
Decorando o ceo...
Esta fin de semana mirei ao ceo e alí estaban. Tiñan unha cor especial, unha cor que chamaba a atención. Sen dubidalo collín a cámara e quixen roubar un chisco da beleza destas nubes que me espreitaban dende a súa lonxanía. viernes, 10 de septiembre de 2010
Hai tempo que...
jueves, 9 de septiembre de 2010
Facendo limpeza...

martes, 7 de septiembre de 2010
Buff!! Que calor...

Co ben que estaba eu tumbadiña na miña hamaca, entre os piñeiros, vendo pasar o tempo. Un tempo agora rematado, pero non por iso menos añorado... Xa sei que non se pode vivir de recordos, pero... agora boto en falta o fresquiño daquelas tardes, igual que botarei en falta estas calores cando chegue o mes de xaneiro.
lunes, 6 de septiembre de 2010
A volta de vacacións...
sábado, 21 de agosto de 2010
Antes de marchar...
Nas cabezas de moitos de nós, xa comezou a conta atrás dos días que nos quedan para marchar de vacacións, …4,3,2,1. E con ela a lista das cousas que aínda nos quedan por facer antes de marchar.
O momento das vacacións non da chegado, pero cando se trata de facer cousas para preparalas, unha, non da feito. Antes de marchar hai que organizar os armarios, limpar a neveira, e deixala baleira; ir de rebaixas, pasar a revisión do coche, mercar algún agasallo para os máis pequenos; ir á perruquería e mais facer a manicura, buscar un amigo caritativo que cuide do can, e que de paso veña a regar as plantas e a baleirar a caixa do correo da casa para que non se note tanto que non estou! Uff! Amontóase o traballo igual ca roupa cando se trata de pasarlle o ferro.
E falando de roupa… aínda non sei moi ben onde irei petar este ano, co cal, podedes imaxinar o quebradeiro de cabeza que teño antes de comezar a facer a maleta. Levo botas, ou bikini? Camisetas de manga longa ou de tirantes? E póñome coa maleta, e veña a enchela de cousas e cousas. Vou pasar dez días, e levo roupa para dez meses. Sempre me pasa o mesmo!!! E o peor de todo é que moita dela nin a emprego. Porque… sempre vou a un sitio onde teñen lavadora, e claro, vou pondo, pero tamén vou lavando, e xa que esta está limpa, non collo outra da maleta.
Teño unha amiga que sempre me di: “Cando fagas a maleta para ir de vacacións, mete a metade da roupa e o dobre de cartos” e nunca lle fixen caso. A ver se este ano, é o primeiro!!