Esta fin de semana mirei ao ceo e alí estaban. Tiñan unha cor especial, unha cor que chamaba a atención. Sen dubidalo collín a cámara e quixen roubar un chisco da beleza destas nubes que me espreitaban dende a súa lonxanía. Brancas, tan brancas que semellaban flocos de millo recén estoupados, ou algodóns de azucre a punto para ser comidos.
A foto non lles fai xustiza, pero simbolizan moi ben esta miña fin de semana... pola mañán estoupei, e pola tarde todo era doce.
No hay comentarios:
Publicar un comentario