Nas cabezas de moitos de nós, xa comezou a conta atrás dos días que nos quedan para marchar de vacacións, …4,3,2,1. E con ela a lista das cousas que aínda nos quedan por facer antes de marchar.
O momento das vacacións non da chegado, pero cando se trata de facer cousas para preparalas, unha, non da feito. Antes de marchar hai que organizar os armarios, limpar a neveira, e deixala baleira; ir de rebaixas, pasar a revisión do coche, mercar algún agasallo para os máis pequenos; ir á perruquería e mais facer a manicura, buscar un amigo caritativo que cuide do can, e que de paso veña a regar as plantas e a baleirar a caixa do correo da casa para que non se note tanto que non estou! Uff! Amontóase o traballo igual ca roupa cando se trata de pasarlle o ferro.
E falando de roupa… aínda non sei moi ben onde irei petar este ano, co cal, podedes imaxinar o quebradeiro de cabeza que teño antes de comezar a facer a maleta. Levo botas, ou bikini? Camisetas de manga longa ou de tirantes? E póñome coa maleta, e veña a enchela de cousas e cousas. Vou pasar dez días, e levo roupa para dez meses. Sempre me pasa o mesmo!!! E o peor de todo é que moita dela nin a emprego. Porque… sempre vou a un sitio onde teñen lavadora, e claro, vou pondo, pero tamén vou lavando, e xa que esta está limpa, non collo outra da maleta.
Teño unha amiga que sempre me di: “Cando fagas a maleta para ir de vacacións, mete a metade da roupa e o dobre de cartos” e nunca lle fixen caso. A ver se este ano, é o primeiro!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario