lunes, 6 de septiembre de 2010

A volta de vacacións...

E xa volvín de vacacións. A verdade é que me prestaron moito, pero... xa case teño ganas de volver a ese estado de semi-inconsciencia de non saber en que día vive un, de non pensar máis que no que se vai facer dentro de cinco minutos, e no que a maior preocupación é botar o sono na cama, na hamaca ou estirada na herba baixo a parra.

Falando de parras, seica caín dela!! Porque se a primeira semana, logo da volta, aínda vivía ese estado inconsciente; a segunda, fun baixando pouco a pouco; esta terceira... estame costando un chisco máis. Teño algúns temas pendentes, temas cos que teño que poñerme, temas que... me molestan!! Estes días non acabo de estar en min.

Esta semana vai tocar tirar algunas cousas da miña vida, ou polo menos, sacalas do medio e levalas ao trasteiro. Pouco a pouco, todo volverá ao seu sitio, e se cadra... baleirarei os meus contenedores nas caixas de reciclaxe.

Volver de vacacións, é... reciclarse un chisco!!

No hay comentarios: