martes, 26 de octubre de 2010

Roupa por lavar...


Canto podo aguantar sen poñer a lavadora?
Seica estou a facer o experimento. Canto tempo podo aguantar, sacando mudas diariamente sen poñer a lavadora. Cando vaia, ao mellor teño que poñer dúas, unha grande e unha pequena, pero... sigo almacenando. Vouna gardando toda na bolsa da roupa sucia, esperando ter un momentiño para achegarme á lavandería.
- Hoxe non podo porque teño que marchar. Mañán, erguereime cedo.- e ese momento non chega, porque se saio da cama antes das 10 da mañán é porque teño que ir a traballar, e... mentres unha está traballando, non pode ir á lavandería.
Estou a buscar un motivo do porque non dou feito, e... seica esta enterrado na montaña que forma a miña roupa.
Logo terei que ir, quera ou non, poda ou non. Seica quedan dúas camisetas limpas, aínda que tamén podería planchar e tería algunha camisa, ben ata o venres non hai presa.
Bo momento para reorganizar o armario. Está baleiro.

No hay comentarios: