Ufff - Bufff!!!* Una, dúas, tres veces...
Ufff - Bufff!!! Continuo, mentres vexo pasar o tempo. O segundeiro do meu reloxio non se detén.
Ufff - Bufff!!! Repítome esa palabra, unha, cen, mil veces. Preciso agarrarme a ela con forza porque sen ela, penso que podo estoupar. O meu corazón móvese máis rápido do que a miña caixa torácica está disposta a soportar, semella que quere sair do seu sitio. Pum, pum, pum, pum...
Paciencia, penso. Paciencia, todo ha chegar, no seu momento xusto. Paciencia, todo volverá ao seu cauce. Paciencia, xa se verá. Paciencia, as cousas han cambiar. Paciencia, e así unha vez detrás de outra.
E as cousas non chegan, porque querendo ou sen querer, agardo por por elas. E por máis que intente tranquilizarme, por máis que respire fondo, por máis que... seguirei precisando paciencia.
Pero, pensandoo ben... para que tanta paciencia? O que quero, queroo xa! E cando o teña quererei outro, outra viaxe, outro día de festa, outro traballo, outro cadro, outra foto, outro trebello, outro...
Non, o que preciso non é paciencia, o que preciso é o mundo! Algunha idea para facerme con el?
*(Inspirar - Expirar)
No hay comentarios:
Publicar un comentario