viernes, 17 de septiembre de 2010

‎30' para a fin de semana!!!!

Só quedan 30' para a fin de semana, a longa fin de semana. Por diante teño aínda que ir facer compras, fabricar un biscoito, arranxar un chisco a casa, facer a mochila coa roupa, xantar, quizais durmir un chisquiño, pero... iso xa será en liberdade. A liberdade que dá ter saido do traballo, esta semana de probas. Canto máis ten un, máis quere, pero... foi unha gozada poder difrutar de mañáns e tardes libres. Unha si, unha non. Ir de compras. Durmir ata espertar.
O dito, agora só quedan 24' para a fin de semana... vou traballar un chisco!!!

martes, 14 de septiembre de 2010

Decorando o ceo...

Esta fin de semana mirei ao ceo e alí estaban. Tiñan unha cor especial, unha cor que chamaba a atención. Sen dubidalo collín a cámara e quixen roubar un chisco da beleza destas nubes que me espreitaban dende a súa lonxanía.
Brancas, tan brancas que semellaban flocos de millo recén estoupados, ou algodóns de azucre a punto para ser comidos.
A foto non lles fai xustiza, pero simbolizan moi ben esta miña fin de semana... pola mañán estoupei, e pola tarde todo era doce.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Hai tempo que...

Hai tempo que non teño tempo de facer estas ricuras.
Biscoito de chocolate!! Ummm! Recordo que un día ata merquei uns moldes pequeniños para facer biscoitos pequenos recheos de chocolate, de bombóns de chocolate, alí seguen. No armario da cociña, na despensa, "al rebost".
A verdade que boto un chisco en falta isto de facer biscoitos, de cociñar, de facer grandes celebracións ao redor dunha mesa, pero... é que o tempo non mo permite, e eu... tampouco.
Se cadra, a partir desta semana, volvo a estas ricuras, e outras máis nutritivas e menos calóricas, aínda que xa está demostrado que o meu sobrepeso non vén dado polo aporte calórico que lle fago ao corpo, se non ao estado de tranquilidade que almaceno, tampouco é cuestión de alimentarse só de lambetadas, por moi saborosas que estas sexan.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Facendo limpeza...


Levo uns días dándolle voltas a moitas cousas. Días querendo botar fóra pensamentos, sentimentos e demais cousas que se acumulan no meu interior. Levo días notando que, aínda que non coma máis, nin cousas que engorden... eu cada vez aumento de peso, como se as miñas células se reproducisen por xeración espontánea.

Aluguei un trasteiro para botar da casa as interminables caixas que trouxen de Badalona e mais de Compostela. Mañán baleirarei o piso desas incomodas presencias, quizais logo, poderei poñerme a escribir para poder gardar no trasteiro unha caixa chea de papeis escritos con pensamentos, sentimentos, e demais cousas que se acumulan no meu interior. Aínda que... sería mellor tiralo todo ao lixo, e esquecerse do tema.

Quizais así, tiraría do meu interior todo o lixo que me invade, que me engorda, que me molesta. Teño que facer limpeza!!!

martes, 7 de septiembre de 2010

Buff!! Que calor...


Co ben que estaba eu tumbadiña na miña hamaca, entre os piñeiros, vendo pasar o tempo. Un tempo agora rematado, pero non por iso menos añorado... Xa sei que non se pode vivir de recordos, pero... agora boto en falta o fresquiño daquelas tardes, igual que botarei en falta estas calores cando chegue o mes de xaneiro.
Nunca chove a gusto de todos, e moito menos, a mesma temperatura nos mantén nun perfecto estado de "conversación".
Xa chegará outro tempo no que o titular sexa: "Burrr!! Que frío...". Xa chegará.

lunes, 6 de septiembre de 2010

A volta de vacacións...

E xa volvín de vacacións. A verdade é que me prestaron moito, pero... xa case teño ganas de volver a ese estado de semi-inconsciencia de non saber en que día vive un, de non pensar máis que no que se vai facer dentro de cinco minutos, e no que a maior preocupación é botar o sono na cama, na hamaca ou estirada na herba baixo a parra.

Falando de parras, seica caín dela!! Porque se a primeira semana, logo da volta, aínda vivía ese estado inconsciente; a segunda, fun baixando pouco a pouco; esta terceira... estame costando un chisco máis. Teño algúns temas pendentes, temas cos que teño que poñerme, temas que... me molestan!! Estes días non acabo de estar en min.

Esta semana vai tocar tirar algunas cousas da miña vida, ou polo menos, sacalas do medio e levalas ao trasteiro. Pouco a pouco, todo volverá ao seu sitio, e se cadra... baleirarei os meus contenedores nas caixas de reciclaxe.

Volver de vacacións, é... reciclarse un chisco!!