martes, 3 de noviembre de 2009

Unha de pretorianos...

Os xornais van cheos de casos de corrupción: presuntos imputados, presuntos delincuentes, presuntos políticos... Xente que entra en prisión preventivamente, xente que sae sen prevención, e sen fianza. Xente, ou mellor dito, xentuza!

Por culpa de xente como presuntamente é esta, a burbulla inmobiliaria medrou e medrou ata que estoupou. O "Caso Pretoria" afecta aos gobernos dos concellos de Santa Coloma de Gramenet, de Badalona, de Sant Andreu de Llavaneres e xa veremos se non afecta a algún máis.

E como me afecta a min? Pois... a verdade é que levo uns días fartando de rir, si, de rir. Porque un dos imputados, en prisión preventiva e sen fianza é o Sr. Manuel Dobarco, co que algunha vez me atopei en festas galegas, ou bares de Badalona. Un señor (por chamarlle dalgún xeito) que miraba por riba do ombreiro aos que non tiñamos a "súa categoría” (eu, a fin de contas, só era unha "pobre" xornalista dun medio de comunicación pequeno, dunha asociación de programas de radio que... segundo a súa mirada non tiña nin dereito a existir). Pois agora... dáme a risa!! Ha, ha, ha, ha! Escarallábame cando os meus "compañeiros" de medios máis grandes lle facían fotos, ou cando o gravaban recollendo as súas cousas metidas nunha bolsa de basura de cor azul á saída do furgón da Garda Civil. Ben, Sr. Dobarco, a todos os porcos lles acaba chegando o seu San Martiño, e o seu... é este mes de Santos de 2009.

E cando vexas as barbas do veciño cortar… pon as túas a remollar! Iso é o que lles diría a todos aqueles que nalgún momento tiveron negocios con el; ben inmobiliarios, ben relacionados coas casas galegas que dirixen, presiden ou manexan, porque os fíos dos que pode tirar o xuíz Garzón son inexcrutables,… como os camiños do Señor. E ao mellor lle da por matar moitos “paxaros” dun tiro.

No hay comentarios: