Un falar por falar, un dicir por non estar calado, un xeito de expresar momentos, ideas, sensacións que... ao mellor non teñen palabras, pero eu empéñome en darllas, en dárvolas.
Xa son as 5, dun sábado de verán. Non vai frío, pero tampouco moita calor. Estírome na hamaca mentres escoito a música das follas movéndose. Eu tamén me movo... O abaneo transpórtame a outro mundo. Pracida, descanso en brazos de Morfeo.